Asociación cultural

EU SON MAZARICOS

#eusonmazaricos

Anagrama Eu Son Mazaricos

Detrás da Mz

Detrás da Mz está un amplo grupo de veciñ@s, compañeir@s e amig@s vencellados a Mazaricos. Estamos orgullosos de MZ, queremos exaltar o noso xeito de vida no rural, promover os nosos valores e tradicións e dinamizar os eidos culturais do municipio.
A nosa iniciativa xorde nunha etapa de cambios e intencións, por iso, e para organizar o noso traballo e as nosas inquedanzas, decidimos integrarnos nunha asociación cultural que nos permitirá consolidar e executar unha morea de ideas e propósitos, todos eles centrados en Mazaricos.
No ámbito da nosa asociación terán cabida actividades culturais e turísticas, deportivas, musicais, de fotografía…. A través das nosas propostas pretendemos divulgar a importancia dos nosos maiores na vida e tradicións de MZ, promocionar os recursos económicos e naturais que temos, así como realzar o papel da a muller na ámbito rural. Pretendemos acercanos a nenos, adultos e maiores, incentivando a participación e o vínculo entre os veciños.
Apelamos á participación dos veciños e veciñas así como dos socios colaboradores e das socias colaboradoras neste proxecto porque TI…..TAMÉN ES MAZARICOS.

OBXECTIVOS

Dinamizar, promover, axudar, promocionar, impulsar, potenciar, desenvolver, loitar
Dinamizar

Impulsaremos proxectos culturais e de ocio actividades deportivas, co fin de mellorar o benestar e a calidade de vida. Organizaremos eventos que representan a nosa historia, os nosos valores e a nosa lingua.

Promocionar

Promocionaremos a marca MZ como distintivo de calidade dos nosos productos e
empresas e proxectaremos a imaxe dun municipio rural único con diversidade de
recursos ambientais, turísticos e gastronómicos.

Potenciar

Queremos potenciar os nosos recursos económicos, que son moitos; neste sentido é polo que apoiaremos toda a actividade económica, as nosas empresesas e a xente emprendedora, e especialmente, o sector gandeiro que nos move.

Impulsar

Impulsaremos proxectos innovadores e propostas plantexadas polos colaboradores da asociación. Desenvolveremos accións de publicidade e marketing para os patrocinadores de #EuSonMazaricos.

Axudar

Traballaremos con todas as asociacións de Mazaricos para acadar fins comúns e axudaremos en actividades benéficas e sociais, que xeren valor engadido en MZ

Loitar

Loitaremos por dignificar o noso, por situar a Mazaricos no lugar que se merece.
Recuperaremos tradicións e costumes que representen a nosa orixe.

Últimas actividades

Entruido 2016

Eu Son Mazaricos volveu a unir ás veciñas e aos veciños para preparar un entroido inesquecible no noso Concello. A partir das 15 hor...

Read more

Os nosos traballos

Traballamos polo orgullo de ser de Mazaricos

Contacta con nós

Ponte en contacto con nós para participar, ter máis información das nosas actividades ou facernos suxestións …

#EUSONMAZARICOS