Entruido 2016

Entruido 2016

12605397_1055113654552194_5595447781423717885_oEu Son Mazaricos volveu a unir ás veciñas e aos veciños para preparar un entroido inesquecible no noso Concello.
A partir das 15 horas estaremos preparando e pintando as nosas vaquiñas para o pasarrúas que terá comezo ás 15:30, saíndo da praza da feira acompañados da charanga “Os Jalaticos”.
Para a posterior chocolatada na carpa, en colaboración coas Amas de Casa e os panadeiros de Mazaricos, teremos preparado un postre lácteo “muuui” rico: flan caseiro.
Amenizaremos a tarde con actividades para os nenos e os grandes, con xogos populares, inchables e moitas máis sorpresas.
Tags: Entroido

Fernando Manuel Rial Noia

0 Comments


LEAVE A REPLY